PROXECTO "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Bo día!

Para conmemorar o Día das Letras Galegas que se celebra o vindeiro domingo, imos facer un proxecto entre varios grupos do instituto. Nel, recordaremos aos autores homenaxeados nos últimos dez anos. A 1º ESO A correspóndelle o autor Xosé María Díaz Castro, ao que se adicou o día en 2014. A 1º ESO B tócalle Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado en 2013. E a 1ª ESO C, Valentín Paz-Andrade, protagonista no 2012.

En que consiste a actividade? É moi sinxela:

1. Investiga sobre a súa obra en internet e elixe un título da súa obra, unicamente UN.

2. Pensa como plasmarías ese título a través dunha fotografía de elaboración propia. Este tipo de actividade practícase moito para simular obras de arte en redes sociais nestes días de cuarentena:

CuarentArte stories highlights, photos and videos hashtag on ... 

No noso caso, farémolo dun modo similar pero recreando a portada dalgún dos títulos da obra dos autores escollidos. Aínda que, esta vez, con total liberdade creativa e sen ter en conta as portadas orixinais. 
É unha actividade voluntaria, pero pídovos que vos animedes para que ningún grupo quede sen representación na montaxe final. Non tedes por que saír vos na foto, poden ser obxectos, paisaxes,.... Incluso podedes facer debuxos para as portadas a modo das que fixeramos para La Tuneladora.

IMPORTANTE: AS FOTOS OU DEBUXOS DEBEN INDICAR O TÍTULO DA OBRA

Estade atentos ao blogue, porque esta noite subirei unha entrada explicando como calificarei o voso traballo neste curso tan atípico que nos tocou vivir. 

ÁNIMO, seguro que me enviades traballos moi chulos e orixinais para conmemorar o noso Día das Letras!
 

Comentarios

  1. Profe ¿José María Díaz Castro es para primero A no? es que pusiste solo primero de ESO. Gracias.

    ResponderEliminar
  2. Cuando es la fecha de entrega limite?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

TRABAJO DÍA 14

TRABAJO DÍA 17

SEGUIMOS RIMANDO